Saltar ao contido

Pietro Apelian

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPietro Apelian
Biografía
Nacemento31 de xullo de 1806 Editar o valor en Wikidata
Ancara, Turquía Editar o valor en Wikidata
Morte2 de setembro de 1875 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Bispo diocesano
20 de maio de 1842 –
Diocese: Marasc (Armenian) (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica e Igrexa católica armenia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1842–), misioneiro, sacerdote católico Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaInstituto do Clero Patriarcal de Bsumar Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónXacobe Pedro VII Holasean Editar o valor en Wikidata

Pietro Apelian[1] (en armenio occidental: Պետրոս Աբէլեան; en armenio: Պետրոս Աբելյան), nado o 31 de xullo de 1806 en Angora e finado o 2 de setembro de 1875, foi un eclesiástico católico armenio, arcebispo de Maraş, e padre conciliar no Concilio Vaticano Primeiro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu o 31 de xullo de 1806 en Angora, e en 1824 entrou no seminario patriarcal de Bsumar, onde estudou baixo a dirección do arcebispo de Cesarea, o futuro patriarca Gregorio Pedro VIII.[2][3] En 1832 foi ordenado sacerdote, e entrou no Instituto do Clero Patriarcal de Bsumar, congregación relixiosa misioneira ao servizo do patriarca.[2] Exerceu entón como confesor do seminario e secretario dos patriarcas Gregorio Pedro VI e Xacobe Pedro VII.[2]

O 20 de maio de 1842 foi nomeado bispo de Maraş, e o 31 de xullo foi consagrado bispo por Xacobe Pedro VII.[2][4] Porén, o seu cargo foi inicialmente titular, xa que permaneceu no patriarcado como vigairo xeral, até que en 1859 trasladouse á súa diocese.[2] Levou a cabo unha intensa labor misioneira entre os armenios gregorianos, co apoio do seu instituto relixioso, o que produciu un aumento importante do número de fieis, mais tamén a inimizade dos gregorianos, que atentaron sen éxito contra a súa vida por dúas veces.[2]

Dende un punto de vista eclesiolóxico inclinábase por tendencias máis centralistas na Igrexa católica,[2] e non apoiou os esforzos do patriarca Gregorio Pedro VIII de afirmar a función patriarcal.[2] Aínda que Apelian subscribiu as actas do sínodo de Bsumar, xunto a Ignace Kalibgian advertiu a Propaganda Fide sobre a obra patriarcal, que consideraba que excedía a tradición católica.[2]

En 1867, con ocasión das festas polo décimo oitavo centenario do martirio de San Pedro e San Paulo, o papa Pío IX nomeouno asistente ao trono pontificio.[2][5]

Foi padre conciliar no Concilio Vaticano Primeiro;[6] a congregación xeral do 13 de maio de 1870 aprobou a súa petición de ausencia a perpetuidade do mesmo a partir de entón.[7]

Finou no cargo o 2 de setembro de 1875.[2][8]

  1. Tamén Pierre Apelian.
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 Patelos, Constantin G. (1981). Vatican I et les évêques uniates: une étape éclairante de la politique romaine à l'égard des orientaux, 1867-1870 (en francés). Collège Erasme. pp. 246–247. 
  3. Outras fontes dan datas de nacemento diferentes: en Annuario pontificio. 1869. p. 181. Pietro Apelian, n. in Ancira nel 1808 ; en Annuario pontificio. 1863. p. 176. Pietro Apelian, n. in Ancira nel 1807 .
  4. Annuario pontificio. 1869. p. 181. Pietro Apelian, n. in Ancira nel 1808, consagrato 31 lug. 1842. 
  5. Annuario pontificio. 1869. p. 367. 
  6. Catalogo alfabetico di tutti i padri del Concilio Io Ecumenico Vaticano. Osservatore Romano. 1870. p. 4. Apelian, Pietro, Arcivescovo di Marasce (Rito Armeno). 
  7. Archivumm Historiae Pontificiae 7. p. 486. [...] avevano esaminate le domande inoltrate dai seguenti vescovi per assentarsi perpetuamente dal Concilio e ritornare nelle proprie diocesi e che avevano trovate fondate sopra gravissimi motivi tali domande. I nomi dei vescovi petizionarii erano [...] mons. Pietro Apelian, arcivescovo armeno di Marasc [...] 
  8. "Dignitari defonti nell'anno 1875". La gerarchia cattolica e la famiglia pontificia per l'anno 1876. Roma: Monaldi. 1875. p. 410. Pietro Apelian - r. Armeno, di Marasc.